IX ENCONTRO MONTE PINDO (14-16 xullo)

Por noveno ano, a A.C.D.R. Pedramar quere darvos a benvida a sua festa anual.

 

Celebración este ano entristecida polo pasamento a principios de ano da nosa compañeira Manolita. Amiga que sempre estivo para botar unha man nesta Asociación. Dela recordaremos o seu traballo e a súa fortaleza para aguantar un tras outro os duros envites da vida.

 

Si ben dende aquel día os ánimos non están como deberían, este ano tiraremos da súa fortaleza para levar a cabo este Encontro. Evento no que teremos un acto de lembranza hacia ela e reviviremos bos momentos que nos fixo pasar. 

 

¡Manolita, sabemos que nos seguirás vixiando para que todo saia ben!.

 

A parte de recordar a nosa amiga e veciña, desfrutaremos de actividades de senderismo, deporte, gastronomía e música sen esquecernos do maravilloso paseo en barco pola Ría de Cee e Corcubión.

 

¡Reserva o fin de semana do 14 ó 16 de xullo e ven disfrutar a O Pindo!.

 

Deixamos o programa de actividades e a ficha de inscrición. Aquí atoparedes toda a información e como inscribirvos.

 

Para resolver dúbidas poñemos o voso dispor o número de teléfono 607724557.

 

 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES IX ENCONTRO MONTE PINDO

 

VENRES 14 DE XULLO

 

21:00 H. APERTURA DO IX ENCONTRO MONTE PINDO, A CARGO DE TOÑO GONZALEZ (PRESIDENTE DE A.C.D.R. PEDRAMAR), TITO CONCHEIRO (ARQUEÓLOGO) E FELIPE SENEN (HISTORIADOR).

 

21:30 H. PROXECCIÓN DA MONTAXE DOCUMENTAL DAS OBRAS DE PEDRAMAR TEATRO EN HONOR, LEMBRANZA E AGRADECEMENTO A MANOLITA.

22:30 H. DEGUSTACIÓN GASTRONÓMICA.

 

 

SÁBADO 15 DE XULLO

 

9:30 H. SUBIDA GUIADA O MONTE PINDO.

 

16:00 H. III TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO. SAÍDA CATEGORÍAS INFANTÍS. (*)

 

17:00 H. III TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO. SAÍDA CATEGORÍAS XUVENIL, PARELLAS E ADULTOS. (*)

 

22:30 H. DEGUSTACIÓN DE RODABALLO E VERBENA POPULAR.

 

(*) Para inscribirse nas diferentes probas do trail deberase acceder a http://encontropindo.galitiming.com/.

 

 

DOMINGO 16 DE XULLO

 

10:30 E 12:00 H. SAÍDAS DAS RUTAS EN CATAMARÁN POLA RIA DE CEE E ILLAS LOBEIRAS DENDE O PORTO DO SINAL, GUIADAS E DOCUMENTADAS POR TITO CONCHEIRO.

 

14:30 H. COMIDA DE CONFRATERNIDADE BAIXO CARPA NA PRAZA DA SOLAINA.

 

16:30 H. CLAUSURA DO IX ENCONTRO MONTE PINDO.

 

Ficha de inscrición actividades IX Encontro Monte Pindo
Cubra o formulario, e envíenolo por correo postal (Praza da Solaina s/n; Antiga Escola Unitaria; 15296 O Pindo) ou por correo electrónico (info@pedramaropindo.org , apedramar@hotmail.com).
Ficha Inscrición Encontro 2017.doc
Documento Microsoft Word [136.5 KB]

PEDRAMAR TEATRO 2017

ABINTESTATO

GUIÓN E DIRECCIÓN:  TOÑO

MÚSICA: DEAR MR.

 

REPARTO:

 

7 ACTÓRES ( 5 HOMES E 2 MULLERES).

DURACIÓN: 90 MTOS. APROX.

ABINTESTATO, e unha comedia, que tratará de resolver o conflito no que se verán inmersos os fillos do protagonista, debido a herdanza de este.

 

SINOPSIS

O escenario será a habitación na que se encontrará o testador, e pola que transitarán os personaxes intervintes, ( fillos e familiares do mesmo).

IDEA

A obra transcorrerá, escenificando a situación que cada un considere oportuno, para conseguir o maior beneficio posible do protagonista.

MONTAXE

O escenario estará formado por unha cama, unha mesita, un tocador e un par de sillas.

PERSONAXES

Estanislao:  Pai. (Testador).

Cornelio: Xenro. (Coordinador adxunto de admisións e saídas de persoal ): “Porteiro”.

OlorAvallina: Dolores. (Filla, experta en terapia visual e distracción ocupacional): “Stripper”.

Falconetti:  Ex- de Dolores. (Asistente funerario): “Enterrador”.

Julio José e Mª Jesús: Fillo e nora. (Empresarios): “Fachendosos”.

D. Ramón e  Sor Presa: Cura e Monxa.

LUGAR

Habitación.

TEMPO

Actualidade

 

IX ENCONTRO MONTE PINDO E III TRAIL EMP

Encontro Monte Pindo 14 a 16 de Xullo

Trail EMP 14 de Xullo

Estamos traballando no programa de ambos eventos, informaremos en breve.

VIII ENCONTRO MONTE PINDO

8 a 10 de xullo

Un ano mais, e xa van oito, a A.C.D.R. Pedramar quere darvos a benvida a sua festa anual. Festa que como seu nome indica é un lugar de encontro entre veciños e veciñas, entre diferentes xeracións, entre veciños e forasteiros, entre veciños e familiares no exterior, entre as xentes de O Pindo e os veciños dos municipios da contorna, entre as xentes do mar e as xentes do interior, entre a cultura e o deporte, entre a gastronomía e a música, entre a Ría de Cee e Corcubión e o maxestuoso Monte Pindo.

 

Este será unha edición moi especial xa que o incremento de participación nas diferentes actividades e os comentarios dos participantes fai que teñamos en mente evoluir a partir do 2017. Non queremos estancarnos e temos que dar paso a novas actividades e novas ideas.

 

Reserva o fin de semana do 8 ó 10 de xullo e ven compartir con nós cultura, deporte, gastronomía e música. ¿Encontrámonos?

 

Deixamos a ficha de inscrición e o cartel do evento. Aquí atoparedes toa a información e como inscribirvos.

 

Para resolver dúbidas poñemos o voso dispor o número de teléfono 607724557.

 

Ficha de inscrición actividades VIII Encontro Monte Pindo
Cubra o formulario, e envíenolo por correo postal (Praza da Solaina s/n; Antiga Escola Unitaria; 15296 O Pindo) ou por correo electrónico (info@pedramaropindo.org , apedramar@hotmail.com).
Ficha Inscrición Encontro 2016.doc
Documento Microsoft Word [136.5 KB]
Cartel do VIII Encontro Monte Pindo Cartel do VIII Encontro Monte Pindo
Datos de interese mais relevantes
Actividades do viernes 8 de xullo Actividades do viernes 8 de xullo
Actividades do sábado 9 de xullo Actividades do sábado 9 de xullo
Actividades do domingo 10 de xullo Actividades do domingo 10 de xullo
Ficha de inscrición actividades VIII Encontro Monte Pindo
Cubra o formulario, e envíenolo por correo postal (Praza da Solaina s/n; Antiga Escola Unitaria; 15296 O Pindo) ou por correo electrónico (info@pedramaropindo.org , apedramar@hotmail.com).
Ficha Inscrición Encontro 2016.doc
Documento Microsoft Word [136.5 KB]

Información detallada e inscrición en encontropindo.galitiming.com

PROXIMAMENTE:

VEMONOS NO XULGADO.

CARTAZ DA NOVA MONTAXE TEATRAL DE PEDRAMAR TEATRO I ENTRADAS A VENDA NOS LUGARES DE COSTUME.

VII ENCONTRO MONTE PINDO

Benqueridos veciños e veciñas, asiduos visitantes do lugar e visitantes ocasionais no día de hoxe presentamos unha nova edición do noso Encontro Monte Pindo. Sede todos benvidos a O Pindo.

 

Esta será a séptima edición, edición que ven con novidades que esperemos que gusten a gran maioría de participantes.

 

Teremos sendeirismo nocturno e diurno, pasearemos en barco, faremos deporte correndo pola praia e polo monte, teremos charlas, teremos debate e tamén comeremos e bailaremos. ¿Alguén da mais?.

 

Reserva a fin de semana do 10 ó 12 de xullo e acompañádenos. Sen a vosa asistencia a palabra ENCONTRO non tería sentido. ¿Encontrámonos?

 

Deixamos a ficha de inscrición o cartel do evento. Aquí atoparedes todas a información e como inscribirvos.

 

Para resolver dúbidas habilitamos o número de teléfono 607724557.

 

FICHA INSCRICIÓN VII ENCONTRO MONTE PINDO
Cubra o formulario, e envíenolo por correo postal (Praza da Solaina s/n; Antiga Escola Unitaria; 15296 O Pindo) ou por correo electrónico (info@pedramaropindo.org , apedramar@hotmail.com).
Ficha Inscrición Encontro 2015 2.doc
Documento Microsoft Word [136.5 KB]
Cartel do VII Encontro Monte Pindo

VII ENCONTRO MONTE PINDO
Senderismo, Historia, Música, Deporte e Gastronomía da costa.

Venrres 10 de xullo:

A partir das 16.30 h. podense empezar a recoller as acreditacións no edificio multiusos do porto do sinal, o día seguinte Sábado, recolleranse no local social da Praza da Solaina no centro do pobo.

Ás 18.00 h. Apertura do Encontro, con unha mesa redonda participativa, protagonizada por Modesto García e Pepe do Fieiro, na que poderemos intervir para que nos transmitan todos os séus segredos do Monte Pindo.
Ás 19.00 h. Intervención de Felipe Senén López, arqueólogo e historiador.
Ás 19.30 h. Intervención de Angel Concheiro Coello, licenciado en prehistoria e arqueoloxía.
Ás 20.00 h. Degustación gastronómica.
Ás 21.30 h. Saída da II Andaina nocturna (Do Mar a Moa) onde faremos noite baixando o amencer.

Sábado 11 de Xullo:

Ás 09.00 h. Salida da VII Andaina Diurna por un novo percorrido inicial.
Ás 14.00 h. Degustación de pinchos na Praza da Solaina.
Ás 16.00 h. Celebración das competicións nas categorías inferiores do I Trail Encontro Monte Pindo.
Ás 18.30 h. Saída da proba Xuvenil - Parellas e Absoluta, nas modalidades de 6.5 km e 14 km. correspondentes o I Trail Encontro Monte Pindo.
Ás 21.00 h. Entrega de Premios.
Ás 21.30 h. Degustación de Rodaballo e Festa amenizada polo grupo musical MENPHIS.

Domingo 12 de Xullo:

Ás 10.30 h. Primeira saida da viaxe en catamarán pola costa ata as illas Lobeiras, e primeira andaina polo roteiro do Fornelo.
Ás 12.00 h. Segunda saída da viaxe en catamarán, e segunda andaina polo roteiro do Fornelo.
Ás 14.30 h. Xantar popular baixo carpa coa actuación na clausura das Pandereteiras da Solaina.

Prezos:
Fin de semana sin noite 45€
Fin de semana con noite 75€ (1 noite) en habitación dobre, menores compartindo habitación 45 €.
Actividade individual (Andaina nocturna ou Diurna, Catamarán etc) co avituallamento correspondente a cada unha de elas 10€. (Tikets a venda no local social).
Sólo Xantar do Domingo: 20€
Precio especial Socios todo fin de semana sin noite: 25€, menores fillos de socios 15€.
Información adicional:
A organización, dotará a todos os inscritos nas andainas, do avituallamento correspondente. Na andaina nocturna, e de obrigada utlización o frontal luminoso e chaleco reflectante. Recomendase, calzado e roupa axeitados así como saco de dormir e tenda de campaña. Para os que o desexen, disporáse de frontáles e chalecos baixo depósito de 5€.
Máis información e ficha de inscrición: pedramaropindo.org ou no teléfono, 607724557.

 

 
 

I TRAIL ENCONTRO MONTE PINDO

             Cartel I Encontro Monte Pindo

Inscricións en Championchipnorte.com

TEATRO 2015

 

 

 

TE ESTRIÑO AMOR

Novo escenario, nova escenificación, novos actores.

Pronto a venda as entradas do teatro 2015

Xa están a vendas as entradas para a obra de teatro protagonizada polo elenco de artistas de PEDRAMAR TEATRO.

 

Podedes mercalas nos seguintes puntos:

 

- SUPER RITA.

 

- CAFETERIA MAR DO NORTE.

 

- CASA CARRERO.

 

- CERVECERIA SOLEMAR.

 

O precio das entradas e de 3 €.

 

¡Anímarse e vinde comprobar os que nos teñen preparado a sección de teatro da Asociación! ¡Non faltedes! ¡Pasaremos lista!

 

E NO MES DE AGOSTO CHEGA... ¡PEDRAMAR TEATRO!

Como ven sendo tradición na fin de semana das Festas de San Clemente do Pindo, Pedramar Teatro nos achegará unha nova obra para disfrute da veciñanza e dos visitantes nesas datas.

 

En breve poñeranse a venda as entradas para as duas sesións. Esperemos que nengún veciño quede sen vela.

 

¿Con qué nos sorprenderán este ano?. ¡Medo dan!.

 

¡Esperámosvos os días 8 e 9 de agosto nas nosas instalacións do Sinal!

COMEZA A CONTA ATRAS PARA O  INICIO DA VI EDICION DO ENCONTRO MONTE PINDO

Coa colocación da pancarta que anuncia o Encontro Monte Pindo iníciase a conta atrás para comezar o evento que tod@s l@s pindexos estades agardando: VI EDICION DO ENCONTRO MONTE PINDO.

 

Este evento está aberto a participación de tod@s @s vecin@s, familiares, turistas e visitantes que o dexesen.

 

Podédevos inscribir cubrindo a folla de inscripción existente un par de mensaxes mais abaixo. 

 

VI EDICION DO ENCONTRO MONTE PINDO

Un ano mais congratulámonos de presentarvos os actos do noso Encontro Monte Pindo.

 

Este ano haberá unha gran novidade: a I Andaina Nocturna a Moa. ¡Si veciñ@s e visitantes, leestes ben: I Andaina Nocturna a Moa!.

 

Esta xunta directiva entende que é hora de innovar e que mellor que subir o Olimpo Celta o anoitecer e disfrutar dunha noite en compañía na Moa. Contemplar anoitecer e, pola mañanciña ben cedo, ver espertar o día pode ser unha aventura para non esquecer en moito tempo.

 

Ademais contaremos coa presentación no Pindo do video do Camiño dos Faros, unha ruta de senderismo de 203 kms que vai dende Malpica atá Fisterra pola veira do mar e que está tendo moito éxito nos seus dous anos de vida.

 

Tamén volveremos a contar cunha nova proba de trail do Galicia Máxica e con o resto de actividades xa tradicionais como as ponencias dos nosos amigos Tito e Felipe, a sardiñada amenizada con música en directo, a ruta en catamarán e, como colofón, a comida de confraternidade na Plaza da Solaina.

 

Aquí tendes o cartel, o programa de actividades para os 3 días de festa e o formulario de inscripción; festa feita para disfrute dos soci@s, veciñ@s e visitantes.

 

Sede tod@s benvid@s, ¡vos esperamos!

VI ENCONTRO MONTE PINDO

 

Sendeirismo, Historia,Deporte e Gastronomía da zona.
 
VENRES 11 DE XULLO
 
  • Ás 20.00 h. Inauguración no local multiusos do Sinal con exposición fotográfica, co video presentación do Camiño dos Faros, unha paisaxe a cada paso entre Malpica e Fisterra. A continuación ponencia conxunta por parte do arqueólogo Tito Concheiro e o historiador Felipe Senén.
  • Ás 22.30 h. Saída da   I Andaina nocturna (do Mar a Móa) onde faremos noite, baixando o amencer.
 
 
SÁBADO 12 DE XULLO
 
  • Ás 09.30 h. Subida guiada o cume do macizo.
  • Ás 15.00 h. Xantar baixo carpa na Solaina  (Paella).
  • Ás 17.30 h. Saída da proba de Trail do circuito GMTA correspondente á subida ó Monte Pindo.
  • A partir das 22.00 h. Sardiñada, viño e queimada amenizada por un grupo musical.
 
 
DOMINGO 13 DE XULLO
 
  • A partir das 10.30 h. visita ás Illas Lobeiras en catamarán e paseo ata a fervenza do Ézaro.
  • Ás 14.30 h. Xantar baixo carpa na Solaina (Churrascada).
  • Clausura ca actuación das Pandereteiras da Solaina.
 
 
Información de interese:
 
  • A organización, dotará a todos os inscritos nas andainas de bebida.
  • Na andaina nocturna, e obrigatorio o uso de frontal luminoso e chaleco reflectante, recomendase saco de dormir e tenda de campaña así como calzado e roupa axeitados.
  • Para os que o desexen, disporase de frontales e chalecos baixo depósito de 5€ podendo quedarse con eles ou retornalos a organización.
 
 
Prezos:
 
  • Fin de semana (1 noite) 75 €/pax en habitación dobre.
  • Menores compartindo habitación 45 €
  • Todas ás actividades e comidas sen aloxamento 45€
  • Socios de Pedramar 30€
  • Menores 15 €
  • Tikets individuales de andainas, sardiñada ou catamarán 10 €
 
 
Máis info en www.pedramaropindo.org ou no tlfno 607724557
FICHA INSCRICIÓN VI ENCONTRO MONTE PINDO
Cubra o formulario, e envíenolo por correo postal (Praza da Solaina s/n; Antiga Escola Unitaria; 15296 O Pindo) ou por correo electrónico (info@pedramaropindo.org , apedramar@hotmail.com).
Ficha Inscrición Encontro 2014.doc
Documento Microsoft Word [134.5 KB]

XA ESTA AQUI UNHA NOVA EDICION DO ENCONTRO MONTE PINDO. EN BREVE TODA A INFORMACION CON SABROSAS NOVIDADES. ¡ESTADE ATENTOS!

ENTRADE NO NOSO FACEBOOK E COMENTADE A NOSA ACTIVIDADE

ENTROIDO 2014

ACDR PEDRAMAR CONVOCA

A TODOS OS SOCIOS E SOCIAS, A REUNIÓN QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO DÍA 7 DE DECEMBRO ÁS 18.00 DA TARDE NA SOLAINA, PARA LEVAR A CABO A PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS PARA A FORMACIÓN DA NOVA XUNTA DIRECTIVA 2014-2015.

 

ANTE O NOVO RETO DE ASUMIR A CELEBRACIÓN DAS FESTAS PATRONAIS DO POBO, É IMPRESCINDIBLE A COLABORACIÓN DO MAIOR NÚMERO DE PERSOAS POSIBLE. DE NON SER ASÍ, VERÉMONOS OBRIGADOS A ABANDONAR TAL INICIATIVA. 

 

O PINDO 02/12/2013

ENTRADA-RIFA TEATRO PEDRAMAR XA A VENDA

O DESAFIUZAMENTO ESTÁ POR CHEGAR EDIFICIO PEDRAMAR

FOTOS V ENCONTRO MONTE PINDO

A Gran familia do Encontro Monte Pindo, segue a medrar.

V ENCONTRO MONTE PINDO

PARA QUE NON TE PERDAS

FICHA INSCRICIÓN V ENCONTRO
Cubre o formulario, e envianolo a info@pedramaropindo.org
Ficha Inscrición Encontro Web..docx
Documento Microsoft Word [45.2 KB]

TEATRO 2013 "EDIFICIO PEDRAMAR"

IMOS BORRAR ESTA IMAXE

O vindeiro sábado 20 de abril temos xornada de limpeza da praia de San Pedro de 10 a 12 da mañá. Non permitamos que a nosa praia estea así! Cantos máis sexamos, mellor a deixaremos.

 

Vémonos alí!

RUNNING DRINK

Pois si señores e señoras, o que están a ler é certo. Estase planeando unha Running Drink no Pindo. De momento é un proxecto que aínda está a coller forma, pero en canto sepamos máis xa iremos informando. 

 

Só dicirvos: ide preparando as pernas que hai que estar en forma ;-)

ENTROIDO 2013

ATENCIÓN!!

 

Con motivo da recente chegada do Entroido, imos poñer aquí os disfraces que xa están ocupados para así evitar que os haxa repetidos. Non dubidedes en dicirlle á asociación os vósos tamén. 

 

- Ofelia, Mortadelo e Filemón.

- Pocahontas e Jonh Smith.

- Asterix e Obelix.

- Batman e Batgirl.

- Los picapiedra.

- Power Rangers.

- Blancanieves.

- Caperucita e o lobo.

- Dartagnan y los tres mosqueteros.

- El mago de Oz.

- ¿Dónde está Wally?

- La ratita presumida.

- Fadas e duendes.

- Piolín e Silvestre.

- Robin Hood.

 

E NON ESQUEZADES VIR Ó ENTROIDO DO PINDO 2013!

Outra Pedra para a nosa colección.

Foto de Manolito A Calabera

Fotos Teatro 2012

Xa temos aquí as fotos do TEATRO!

 

Disculpade a tardanza, pero como ben dicimos por aquí, máis vale tarde que nunca.

 

Aquí deixámoslles un adianto, para velas todas só tedes que dirixirvos á sección de imaxes no menú da esquerda.

 

Non vos esquezades de vir ó Magosto!

Magosto 2012

PEDRAMAR TEATRO

Venres 22.30 H - Sábado 19.30 H.

Entradas a venta en : Mar do Norte, Cafetería Sol e Mar, Super Rita e Casa Carrero.

FOTOS IV ENCONTRO MONTE PINDO

¿Será esa a famosa cacholiña?

Seguimos traballando.

Boa xornada de limpeza da praia. Hoxe, sentimonos moito mellor. Grazas.

¿Quen dixo que non se podía amañar o paseo?

ESA CUADRILLAAAAAAAA!!!!!!!!!!!!!!

QUEREN SEGUIR DANDO GUERRA. !ANIMATE!

Libro de visitas

Introduce el código.
* Campos obligatorios
Todavía no hay comentarios.

Próximos eventos 2017

IX Encontro Monte Pindo - 14 a 16 de xullo

 

III Trail Encontro Monte Pindo - 15 de xullo 

Xa o sabes, si tes algunha dote interpretativa, ou simplemente, si che apetece participar en algunha das nosas representacións,  Pedramar Teatro sempre terá un lugar para tí.

Eventos pasados

VIII Encontro Monte Pindo VIII Encontro Monte Pindo
II Trail Encontro Monte Pindo II Trail Encontro Monte Pindo

Este agosto Bayón Cló no Sinal

Pandereteiras da Solaina

As Pandereteiras da Solaina, nacen dun xeito similar a Pedramar Teatro. E a propia necesidade de expresar unha sensibilidade innata descoñecida para a maioría das súas integrantes, o que as fai disfrutar do arte de repenicar a pandeireta e interpretar as cancións sempre queridas e pouco cantadas dos nosos antergos.

A elas, e as xentes que coma elas coidan do noso, debemos agradecer,  o que non se perda e se poda transmitir a novas xeracións, o que como Galegos empezamos a disfrutar dende hai séculos.

Si tes algunha sensibilidade musical para con algún instrumento, gustache cantar, pero fáltache que alguén che axude, ou simplemente,  queres formar parte dun grupo de xente que desenrola unha actividade, que de seguro che dará moitas satisfaccións, non o dubides, forza, ánimo, troula e cariño non che hai de faltar.

Nenos e nenas, mozos e mozas, mulleres e homes, para que o nome de O Pindo sega soando no alto dos cumes, as Pandereteiras da Solaina, non poden deixar de medrar.

(Anímate, fala con calquera de elas ou con calquera de nos, e empeza axiña).

Contacto

A.C.D.R. PEDRAMAR
Baixo da Solaina S/N
15296 O PINDO

 

info@pedramaropindo.org

 

 

 

Novas

Comenzamos o 2017 con moi malas novas para toda a familia Pedramar, a nosa compañeira Manolita, pilar fundamental de esta organización, deixounos despois de unha longa e admirable loita. Toca seguir con máis forzas e ilusión si cabe xa que ese era o seu principal desexo.

Pedramar Teatro:

Ultimando o guión de este ano, esperamos comenzar cos ensaios o vindeiro mes de marzo.

Encontro Monte Pindo e Trail:

Restructurando ambos en dous fins de semana independientes cos que poder mellorar ambos eventos. En principio sería o fin de semana do 15 e 16 de xullo o Encontro, e o do 29 e 30 de xullo o Trail. Informaremos polo miudo de todo.

Confirmados os ponentes do V Encontro: Tito Cuncheiro e Felipe Senén.

Xornada de limpeza da Praia de San Pedro.

Debido o mal estado no que se atopa a nosa praia, convocamos a todos os socios, socias, e demáis veciños que queiran colaborar, a que o vindeiro sábado día 2 de xuño, de 09.30 a 12.30 da mañan, se acheguen a praia da capilla, para levar a cabo unha xornada de limpeza da mesma. Pregase os que o dispoñan, de traer rastrillos ou sachos. Moitas grazas.

Necesitamos fotos de todas as obras de teatro que levamos feitas. Todos os que teñades algunha, podedes facernola chegar enviandoa a nosa conta de correro:

info@pedramaropindo.org .  Moitas grazas.

Pedramar Teatro quer agradecer a todos os integrantes da nova montaxe teatral, a súa predisposición para a realización da mesma.

 

!!SORPRENDEREMOS!!.

 

 





¿Queres facerte socio?

Si queres unirte a nosa asociación, utiliza o noso formulario de contacto para recibir información ou descarga o formulario de inscrición.

Contador de visitas